IniciosociedadeFoz renuncia ao izado das bandeiras azuis, en risco tamén no Vicedo

Foz renuncia ao izado das bandeiras azuis, en risco tamén no Vicedo

O Concello solicitaralle á Xunta unha prórroga para contratar os socorristas que precisa para Xilloi e Abrela, que quedarían sen o distintivo se non se completa o cupo de seis profesionais

Publicada o

- Advertisement -

As dificultades para atopar socorristas seguen a condicionar o inicio da tempada alta na Mariña.

O Concello de Foz renunciou ao izado das bandeiras azuis nas praias da Areoura, LLás, As Polas e A Rapadoira, catro dos catorce areais distinguidos pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) na comarca.

O novo executivo -que contratou doce vixilantes- lamentou que non conta cos vixilantes precisos para cumprir cos requerimentos da Adeac  “ao non dispoñer da subvención da Xunta de Galicia polo incomprensible deixamento do anterior goberno municipal”.

O goberno local explicou que, co persoal dispoñible, extendeu o servizo de socorrismo ao areal de Peizás.

Equipo de socorrismo de Foz, co alcalde. AXM

A falta de profesionais impide tamén que as bandeiras azuis ondeen nas praias vicedenses de Xilloi e Abrela, que adquiu este ano o distintivo. O Concello só logrou por agora contratar un dos seis vixilantes que precisa.

O alcalde, Jesús Novo, explicou que pedirá a Xunta de Galicia unha prórroga para empregar as subvencións que outorga para o financiamento destes profesionais. “Esperaremos ata o día 15 de xullo. Se non atopamos socorristas, teremos que renunciar ao izado”, lamentou o rexedor popular”.

Os outros seis municipios costeiros seguen tamén sen cubrir o cupo de profesionais previstos para o verán pero teñen cubertas as necesidades das praias con bandeira azul.

IZADO EN BURELA

En Burela, o Concello formalizou este xoves o izado dos distintivos na Marosa e Ril. O Portelo, que nos últimos anos contara co distintivo, non renovou o recoñecemento.

O alcalde Alfredo Llano precisou que a proximidade da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) “dificultou” o mantemento da insignia da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor.

No entanto, contará coa bandeira verde do sistema de xestión ambiental ISO 14001 da Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR).

Os oito socorristas contratados ata agora polo Concello repártense entre os tres areais. O rexedor anunciou que abrirán unha nova convocatoria para empregar dous vixilantes máis.

“Haberá seguridade pero tamén atención, información e limpeza co fin de ter as praias sempre adecuadas e na mellor forma posible para que sexan disfrutadas por toda a xente que se achegue ao noso concello durante todo este verán”, asegurou Llano.

O socialista puxo o énfase no “último informe da calidade das augas” que acredita que as augas dos catro areais do municipio, aos que se suma O Cantiño, teñen unha “cualificación de excelente”.

ESTEIRO ACOLLE UN PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

As praias das Catedrais e Os Castros, en Ribadeo; O Torno de San Cibrao, en Cervo, Area, en Viveiro, e Esteiro, en Xove, locen tamén o distintivo.

O concello xovense ten previsto formalizar este venres o izamento da bandeira no areal, onde se instalará tamén un punto de información turística.

O goberno local optou por transladar para a praia o servizo da oficina de turismo que durante o ano ofrece na Avenida da Deputación.

BARREIROS NON SOLICITOU AS DISTINCIÓNS

Como fixera nos últimos anos, Barreiros non solicitou as distincións ao considerar que non pode cumprir cos requisitos esixidos no tocante ao servizo de socorrismo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...