A Mariña mostra o seu rexeitamento ao crime machista de Vilalba

Foz, Burela ou Viveiro acolleron minutos de silencio pola vítima, nun día no que se produciu outro asasinato dunha muller a mans da súa parella, en Calpe

Concentración en Burela. AXM

Varias localidades da Mariña Lucense gardaron este luns un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado domingo en Vilalba presuntamente a mans da súa ex parella. Este mesmo luns, coñecíase outro crime machista na localidade de Calpe, en Alacante.

En Foz, a Praza do Concello acolleu unha concentración na que os focegos mostraron o seu rexeitamento á violencia machista.

Tamén se gardou un minuto de silencio, fronte ao consistorio, en Viveiro, con ducias de persoas que acudiron á chamada do goberno local. Así mesmo, Burela foi a sede doutro acto de protesta.

Minuto de silencio en Foz. AXM

Este mesmo luns, o Concello de Mondoñedo emitiu un comunicado público no que mostrou “a nosa máis enérxica condena e repulsa” ao asasinato. As bandeiras ondean a media hasta e colocáronse crespóns negros nas do interior da casa consistorial.

O MARTES, CONCENTRACIÓN EN BURELA

O Observatorio da Mariña pola Igualdade chamou á veciñanza da bisbarra a concentrarse este martes contra a lacra da violencia de xénero. A protesta está prevista para as 20.30 horas, na Praza da Mariña de Burela.

Convocatoria. AXM

O colectivo lembra que o feminismo “nunca matou a ninguén, mentres que o machismo faino todos os días”.

O Concello de Cervo e a asociación Mujeres en Igualdad Cervo amosarán a súa condena aos asasinatos machistas ocorridos en Vilalba e en Calpe cunha concentración de cinco minutos que terá lugar o martes, ás 12.00 horas, na Praza dos Campos de San Cibrao.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here