IniciosociedadeA federación de comercio da Mariña: "para as pequenas empresas vai ser...

A federación de comercio da Mariña: “para as pequenas empresas vai ser como volver abrir”

O colectivo de empresarios agarda que as Administracións faciliten axudas "de inmediato" e malia que prevé "un pau económico", insta a prepararse "para cando levanten o valado"

Publicada o

- Advertisement -

O comercio da Mariña Lucense afronta un unha situación incerta por mor da epidemia do coronavirus, ante a que o Goberno central decidiu decretar o estado de alarma, que permite só abrir aos negocios de produtos básicos e limita a liberdade de movemento das persoas. O presidente da Acia de Foz e da Federación de Comercio A Mariña (FCAM), Xosé Paleo, prevé que cando remate a pandemia “será como volver abrir”.

O presidente do colectivo, que reúne a empresarios de Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro, Covas, Xove, O Vicedo e Lourenzá, expón que os comercios están a vivir esta crise sanitaria “con incerteza. Só levamos un par de días, luns e martes, veremos se se aclaran as Administracións para desatascarnos. Non podemos máis que ir a remolque do que nos digan, tanto as sanitarias como as sociais”, expón.

Sobre o paquete de medidas aprobado este martes no Consello de Ministros polo Goberno local, Paleo prefire non opinar polo de agora, dado que “haberá que ler o decreto con detalle e fixarse na letra pequena. Nós temos que estar preparados para cando levanten o valado, organizados e con campañas”, asegura.

Si reclama que as axudas que implementen as Administracións sexan o antes posible e se poidan cobrar rapidamente. Deste xeito, compara a situación do comercio local coa dun paciente que hai que reanimar. “A curto prazo é cando se necesita; a xente que estará sen ingresos para final de mes ten que cubrir as obrigas con crédito, pero ten que ser inmediato, ou outra posibilidade é condonar os pagos“, indica.

AXIÑA PARA VALORAR O IMPACTO ECONÓMICO

Non se pode valorar o impacto aínda e non se poderá avaliar ata como mínimo o mes de maio. Marzo e abril están perdidos, a campaña de primavera vai pola borda, cun balón de osíxeno habitual como é a Semana Santa que xa non teremos. A partir de aí, veremos cando podemos volver funcionar con normalidade, e tamén cando a xente comeza a saír e consumir, porque esa é outra parte e hai que tela en conta; haberá unha certa presión económica e de medo”, argumenta o presidente do colectivo.

Paleo insta aos empresarios a “poñernos nun escenario real, que vai ser dun mínimo de dous meses practicamente sen ingresos e con iso haberá que tomar as decisións oportunas, cada negocio a súa, algunhas serán agresivas”, afirma. “Despois, haberá que ver como vén o verán, que é imposible que sexa bo, pero a verdade é que non pensamos noutra cousa que en poñernos en marcha outra vez”, prosegue.

Si hai unha parte “que está traballando con mínimos“, apunta. Quen pode, dá saída ao stock a través de Internet, aínda que para a maioría das empresas é complicado. Precisamente as compras masivas na rede son unha das preocupacións do comercio local.

“Temos que estar preparados e saber como queremos desenvolver unha etapa nova. Para nós vai ser como volver abrir. É como unha apertura de negocio, outra vez. A economía vai quedar danada, pero non queda outra que tirar para diante e poñerlle ilusión”.

PREOCUPACIÓN POLA HOSTALERÍA

“No comercio local non existe ningún que non estea tocado, pero a hostalería e o ocio seguramente serán os sectores máis afectados; o que non se vendeu e está cancelado, xa non se vende, mentres que algunhas tendas poden ir recuperando máis adiante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...