IniciosociedadeCancelada a Semana Santa de Viveiro

Cancelada a Semana Santa de Viveiro

Concello e Xunta de Confrarías resaltan que ante a emerxencia sanitaria do coronavirus a suspensión "é o mellor para todos"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Xunta de Confrarías de Viveiro, José Veiga Golpe, anuncian que pola situación derivada do coronavirus quedan cancelada a Semana Santa de Viveiro 2020 e todos os actos relacionados coa celebración.

Trátase dunha decisión “necesaria polo ben de todos, seguindo desta maneira as recomendacions das autoridades sanitarias”, expuxeron o goberno local e as confrarías a través dun comunicado de prensa.

A Semana Santa de Viveiro, de Interese Turístico Internacional, é unha das citas turísticas de referencia na Mariña Lucense. Na edición de 2019 atraeu a uns 40.000 visitantes. É a última suspensión dunha cascada de cancelacións na bisbarra pola pandemia, despois da Festa do Ourizo de San Cibrao ou do Mercado da Primavera do Valadouro.

As meirandes celebracións deste tipo a nivel estatal tamén foron canceladas, como a de Sevilla, ou en Galicia, a de Ferrol.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...