IniciosociedadeSegue a baixar o número de pacientes con coronavirus ingresados na Mariña,...

Segue a baixar o número de pacientes con coronavirus ingresados na Mariña, oito

Dous dos doentes permanecen na Uci, tras darse as primeiras altas, e outros seis en planta

Publicada o

- Advertisement -

Oito pacientes con coronavirus -un menos có pasado luns- fican ingresadas no Hospital Público da Mariña, segundo o reconto oficial ofrecido ao mediodía deste martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Destes oito doentes, dous permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) de Burela, tras darse dúas altas o pasado día 13, e seis fican en planta.

No tocante á provincia de Lugo, o número de positivos detectados é de 590, un menos có pasado luns. Deles, nove permanecen en camas de críticos -os outros sete no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e 43 en hospitalización, catro máis ca onte -seis na Mariña, cinco en Monforte, trece no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-.

O número de casos en domicilio é de 538, dous menos có pasado luns.

384 MORTES EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.973, deles 1.271 son da área da Coruña, 590 da de Lugo, 1.187 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.077 da área de Vigo, 1.007 da de Santiago e 337 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 falecementos. O número de PCR realizadas é de 48.337.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...