IniciosociedadeO BNG recorre o proceso de subasta pública do Hospital de Cabanela...

O BNG recorre o proceso de subasta pública do Hospital de Cabanela ao consideralo “nulo”

Os nacionalistas alegan que a competencia para a venda deste edificio, adquirido por 450.000 euros a fin de crear un centro de menores, corresponde ao Pleno e non ao goberno local

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo anunciou que “considera nulo de pleno dereito” o acordo ditado pola Xunta de Goberno local sobre a Casa da Cabanela e alega que lle corresponde a competencia para a venda deste edificio ao do Pleno da corporación municipal. Os nacionalistas mindonienses presentaron un recurso de reposición contra a aprobación do expediente de venda do antigo sanatorio, adquirido por 450.000 euros a través dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a creación dun centro de menores.

A venda, polo procedemento de subasta pública, foi criticada días atrás polo PSdeG-PSOE. O voceiro do BNG no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas, afirma descoñecer “en base a que delegación de competencias a Xunta de Goberno local acorda a enaxenación deste inmoble” e lamenta, como integrante da corporación municipal, “que se estean vulnerando os seus dereitos como cargo público e representante da cidadanía na participación e toma de decisións que lle competen”.

O concello adquiriu o antigo Hospital de Cabanela en outubro do 2019 “para poñelo en funcionamento con fins de interese social e agora”, segundo indica o edil nacionalista, “esta finalidade só vai estar garantida por un período de cinco anos“. Cabanas critica “o cambio de opinión do goberno municipal con este inmoble en tan pouco tempo” e lamenta “que non se cumprira o compromiso de poñer en funcionamento máis actividades na parte do edificio que non foi cedida para uso como centro de menores”.

Deste xeito, Cabanas pregúntase cales son as razóns polas que o goberno municipal se desentende deste edificio. “O goberno local debera explicar por que acepta agora que este inmoble se poida dedicar nun futuro a outros usos distintos aos que motivaron a súa compra”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...