O Pescados Rubén Burela FSF foi distinguido este martes como o mellor equipo de fútbol sala do mundo nos prestixiosos premios Futsal Planet Awards.
Así o anunciou a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) nun comunicado a través das súas redes sociais.
🏆 ¡PREMIOS FUTSAL PLANET AWARDS!
🇪🇸⚽ Representantes premiados de nuestros campeonatos:
🏅 Mejor jugador del mundo: @Ferrao11futsal
🏅 Mejor entrenador del mundo: @andreuplaza
🏅 Mejor club masculino del mundo: @FCBfutbolsala
🏅 Mejor club femenino del mundo: @burelafs pic.twitter.com/Q3HRZGaXy1
— RFEF Futsal (@SomosFutsal) January 26, 2021
Nun espléndido 2020, as xogadoras do cadro laranxa sumaron os títulos de Liga, Copa da Raíña e Supercopa de España.
PEQUE E JULIO DELGADO, ENTRE OS MELLORES
Ademais, Peque foi nomeada a segunda mellor xogadora do mundo, só por detrás da brasileira Amandinha. O adestrador do conxunto mariñao, Julio Delgado, foi distinguido co segundo posto nun apartado que gañou Cristiane de Souza.
Ferrao e Andreu Plaza (do FC Barcelona) como mellor xogador e adestrador, o propio cadro catalán -mellor equipo- foron os outros premiados do Estado no certame.