InicioPolíticaArias ofrece a Otero integrarse "nun equipo conxunto" do PSOE lucense

Arias ofrece a Otero integrarse “nun equipo conxunto” do PSOE lucense

O alcalde de Castroverde asegura que os socialistas teñen que "aproveitar" o seu "bo momento" para conformar "un partido unido"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alcalde de Castroverde, José María Arias, ofreceulle este xoves á súa rival pola secretaría xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, a deputada autonómica e ex concelleira de Burela Patricia Otero, a posibilidade de integrar ambas candidaturas “nun equipo conxunto”, que “mire ao futuro” e que aproveite “o bo momento que esta a vivir o Partido Socialista”.

Arias sostivo que existe a posibilidade de que os militantes nin sequera teñan que votar” se finalmente ambas candidaturas son capaces de formar un equipo conxunto “para unir ao partido”, aínda que tamén matizou que só pensa nesa integración se é el quen ocupa a secretaría xeral do PSOE lucense, vacante desde a renuncia de Álvaro Santos Ramos.

Se non é así, serán os militantes os que terán que “elixir” entre un ou outro candidato o vindeiro sábado, día 20, na votación das primarias.

Arias asegurou que, neste momento, “hai dous proxectos sobre a mesa claramente diferenciados”, unha parte que lidera el mesmo, unha proposta de “cercanía, centrada en Lugo”, e outro “teledirixido“, que é o que encabeza a deputada autonómica Patricia Otero.

DENUNCIA “FAVORITISMOS”

No tocante ás súas declaracións sobre o presidente da xestora, José Antonio Quiroga, a quen acusou de favorecer á súa rival, asegurou que son “discusións internas” entre compañeiros, pero pediu que “pare” e que se manteña “neutral”, porque esa forma de comportarse, cando a súa é unha función de arbitraxe, “é incorrecta“.

“Temos que conformar un partido unido e aproveitar o bo momento do PSOE”, afirmou, “porque os malos momentos tamén volverán”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...