Iniciosociedade(VÍDEO E GALERÍA) A Mariña, orgullosa de si mesma en Fitur

(VÍDEO E GALERÍA) A Mariña, orgullosa de si mesma en Fitur

Publicada o

- Advertisement -

A expedición da Mariña Lucense na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se está a celebrar en Madrid, continuou coas súas tarefas de promoción da bisbarra nun evento que congrega a preto de 250.000 persoas.

ALFOZ

O Concelleiro da área de cultura e turismo, Xabier Pardiñas, e o cónsul de Uzbekistán en Madrid, Sardor Sadikov, negociaron a posibilidade de que unha delegación do país de Asia Central visite A Mariña Lucense.

Os contactos comezaron o pasado mes de xuño e Pardiñas agarda que se poida materializar o proxecto “este mesmo ano”.

MANCOMUNIDADE

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, mantivo durante a xornada un encontro co cónsul de Cabo Verde, Francisco Canaval.

Llano sinalou que Fitur serviu para “falar con profesionais de catro touroperadores como con xornalistas especializados en turismo”. Tamén solicitou ao ministro de Pesca, Luis Planas, a súa presenza en Expomar, ou a posibilidade de que algún cargo do Ministerio ofreza unha conferencia na feira.

A mancomunidade tamén estivo presente na presentación da Xunta de Galicia sobre o Xacobeo 2021.

Así mesmo, Llano mostrouse orgulloso co vídeo realizado pola empresa Vagalume e exposto pola mancomunidade, que presentou a bisbarra como un lugar versátil e auténtico e que podes ver a continuación.

RESURRECTION FEST

O Resurrection Fest exhibiuse na presentación a nivel autonómico da marca Fest Galicia, que engloba nun distintivo de calidade aos dez eventos musicais máis sobranceiros da comunidade.

o resu tivo un oco entre os dez mellores festivais galegos

RIBADEO

O Concello de Ribadeo fixo especial fincapé nos obxectivos de desestacionalizar o turismo e de potenciar o Camiño norte, “co horizonte posto no Xacobeo 2021”.

A concelleira de turismo, Ana Martínez, sinalou que a presentación do Ribadeo Indiano na Casa de Galicia, foi “moi emotiva e o espazo viuse desbordado pola gran cantidade de xente que acudiu”.

A presentación emitiuse na rede por streaming, e Martínez sinala que “houbo conexións de Nova York, Bos Aires, París ou Atenas”.

a presentación do ribadeo indiano viuse en streaming en nova york, bos aires, parís ou atenas

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo asegurou que a afluencia de público na presentación da festa foi “espectacular”.

O colectivo de comerciantes mantivo reunións con operadores turísticos e coas delegacións de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco para promocionar Ribadeo como un destino turístico gastronómico, comercial e cultural.

VIVEIRO

A edil de turismo de Viveiro, Sol Rey, mantivo encontros con dúas empresas especializadas en viaxes en grupo, unha delas de Castellón e outra de Málaga. Tamén se reuniu con representantes de Tee Travel, axencia especializada no Camiño de Santiago no tocante a cicloturismo e enoturismo.

viveiro buscou atraer viaxes en grupo e cruceiros

A concelleira tamén se citou con dúas navieiras, empresas de tecnoloxías avanzadas no tocante ao turismo, coa dirección do programa de televisión Cazaventuras e con InterRías, ademais de con representantes de CN Travel, Sánchez Arnejo Autocares, Booking e Weekendesk, web que propón escapadas na fin de semana.

Rey calificou a xornada de “moi frutífera”, con “moito interese por Viveiro como destino turístico e con moitas charlas informais, ademais das citas pechadas, que serven para dar o municipio a coñecer”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...