O Burela FS concreta que a reforma de Vista Alegre debe estar lista en setembro de 2020

A LNFS decidirá "previsiblemente en xullo" se concede ao club laranxa a moratoria solicitada, que sería só por unha temporada

Os xogadores, corpo técnico, directiva e seareiros do Burela FS celebran o ascenso e o título de Liga. AXM

O pavillón de Vista Alegre debe estar reformado para o inicio da temporada 2020-2021. O Burela FS concretou que a Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) só concedería unha moratoria dun ano para adaptar as instalacións ás esixencias da Primeira División masculina, na que o equipo laranxa militará a vindeira campaña.

Nun comunicado aos medios, o club explica que remitiu á LNFS a documentación necesaria para solicitar unha prórroga que lle permita usar as instalacións burelás en encontros oficiais.

Os clubs asociados decidirán se outorgan ou non o permiso nunha Asemblea Xeral que “previsiblemente terá lugar no mes de xullo”.

PAVILLÓN DE VIVEIRO

A entidade laranxa aclara que a moratoria non afectaría aos partidos televisados, que terían que xogarse xa a vindeira temporada nun recinto adaptado ás esixencias da Liga.

Por iso, explica, solicitaron tamén autorización para disputar eses encontros no pavillón municipal de Viveiro, que contará cun pavimento renovado a finais do verán. 

Os clubs da LNFS tamén teñen a última palabra neste caso para conceder este permiso.

REFORMA DE VISTA ALEGRE

O club está pendente dunha reforma de Vista Alegre que adapte as instalacións aos requisitos esixidos para a máxima categoría.

As modificacións previstas pasan por instalar dúas gradas móbiles que permitan ampliar o aforo de 1.500 a 2.000 persoas e habilitar o recinto para as retransmisións televisivas. Ademais, o recinto dotarase con dous novos vestiariosservizos sanitarios e un acceso.  

O alcalde de Burela, Alfredo Llano,  anunciara que as primeiras actuacións “poderían completarse durante o verán“. Nunha segunda fase, acometeríanse os traballos de mellora da segunda planta do recinto, con actuacións nos baños e no bar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here