O Concello de Burela sacará á venda o vindeiro luns as entradas para Madame Butterfly, a ópera de Giacomo Puccini que chegará á casa da cultura o 2 de novembro.
As localidades estarán dispoñibles desde as 11.00 horas en ataquilla.com e os prezos oscilarán entre os 15 e os 20 euros -para anfiteatro 1-. O goberno local reservará 100 entradas para vender o mesmo día do evento. O espectáculo comezará ás 20.30 horas, interpretado pola Ópera Nacional de Moldavia. Neste enlace podes ver toda a información do evento. MADAMA BUTTERFLY (1)
“OPORTUNIDADE ÚNICA”
O edil de cultura, José Díaz, subliña que se trata “dunha das óperas máis importantes da historia da música, entre as oito máis interpretadas do mundo. Tela tan cerca nestes pequenos concellos non é doado, pois soe estar en cidades como A Coruña, Oviedo ou Madrid. É unha oportunidade única”, conclúe.