InicioCentralO ValadouroO alcalde do Valadouro responde ás acusacións da oposición de "inflar as...

O alcalde do Valadouro responde ás acusacións da oposición de “inflar as partidas” para 2023

Edmundo Maseda sinala que é falso ter feitas incorporacións de remanentes aos orzamentos en xuño. Estes remanentes só se poden incorporar en Pleno mediante Suplemento de Crédito. "Por sorte todos os Plenos do Valadouro transmítense en directo, grávanse e súbense ás redes". Sinala ademais "ter as mans atadas gobernando en minoría e con unha oposición máis preocupada en tumbarme a min que en loitar polo Concello".

Publicada o

- Advertisement -

O alcade do Valadouro, Edmundo Maseda, respondeu mediante un comunicado ás críticas lanzadas desde a oposición municipal o pasado 9 de novembro. O documento do pasado día nove criticaba as contas do Concello por consideralas “infladas”, cousa que levou aos grupos da oposición a “desconfiar” dos orzamentos para 2023.

No seu comunicado, Edmundo Maseda, sinala que as “reunións cos portavoces como lle chama esa especie de cooperativa de oposición”, son oficialmente Xunta de Portavoces. A ditas reunións foi convidada a concelleira non adscrita Josefina Geada “por cortesía da Alcaldía”, pois non lle corresponde como concelleira non adscrita “a que agora chama “compañeiros” aos outros membros da oposición, mais cando estaba no goberno tiña outro nome para eles”. Destas Xuntas de Portavoces, ás que asiste o secretario-interventor levántase acta “que é pública e pode vela todo o mundo”.

Segundo se desprende do comunicado enviado polo alcalde do Valadouro, a primeira Xunta de Portavoces, na que se presentou o suplemento (aos orzamentos) nun único documento, “como é habitual”. Mais a oposición “exise o desglose do mesmo en partidas, para estudialo partida por partida”. En total, fixeronse 18 expedientes desglosados e informados pola interventora, segundo Maseda.

Durante a segunda reunión entre alcalde e grupos da oposición, estes analizaron un por un os 18 expedientes e como consta na acta da sesión, “despois de eliminar os elementos cos que non estaban conformes, reducirono a 13 expedientes, expostos un por un pola propia oposición”. Este punto foi así acordado e “os expedientes foron levados a Pleno para a súa aprobación definitiva, que urxía polo pago de nóminas”.

O alcalde apunta sobre a oposición que “cando din “estar alí ata as once da noite” no caso de Josefina Geada “é curioso, pois xa estivo até as 11 da noite negociando con BNG, asinou o acordo e para o outro día desmarcouse”. “Parece que o ten coma costume. Palabra ningunha”.

Sobre o pleno extraordinario “era lóxico despois do acordo da xunta de portavoces. Se non o querían así, podían simplemente dicilo para atrasalo”. Iso evitaría ter “dado semellante espetáculo, no seo dun organismo oficial”.

“Non é admisible por esta Alcaldía que digan que se inflan as partidas” responde Edmundo Maseda. Os 18 expedientes están informados por “Secretaría e por Intervención, cos datos reais dos orzamentos, que constan no programa de contabilidade”. Dicir isto “é poñer en dúbida a honestidade e profesionalidade da Secretaria-interventora do noso Concello, cousa que desaprobó rotundamente”. Neste sentido, Maseda agradeceu publicamente o traballo da Secretaria, exaustivo, minucioso e detallado dos 18 expedintes.

Os orzamentos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) son preparados anualmente pola traballadora social e aprobanse no “Plan Concertado” coa Xunta. “Datos reais e contrastados. Non serviría de nada inflar as partidas cono dí Fina Geada”. Maseda apunta que “ese diñeiro non pode ir a outra parte, a partida de Servicios Sociais non vincula con ningunha outra”. Tampouco vincula a de gastos de persoal (os salarios) “de aí non se pode sacar para ningún outro gasto”. Maseda sinala que tampouco vincula Educacion e Cultura ou Deportes coa partida de Investimentos.

O alcalde Maseda sinala que é falso ter feitas incorporacións de remanentes en xuño. Os remanentes (os aforros) só se poden incorporar en Pleno mediante Suplemento de Crédito. “Por sorte todos os Plenos do Valadouro transmítense en directo, grávanse e súbense ás redes.

Isto fai que Maseda sinale que non haxa ningún pleno sobre incorporación de remanentes. “O que se fixo en xuño foi volcar os datos do orzamento novo (aprobado con moción de confianza ) no que estaba en uso, o prorrogado do 2017”. Serían cantidades de gastos comprometidos do exercicio anterior, non remanentes.

“En canto a gastar e despilfarrar, como o dixen no Pleno, non é certo. Todos cometemos erros, non se equivoca o que nunca nada fai”. Sobre este punto, Maseda asegura que os datos reais “din que collín o Concello con débeda (140.000 € ) mais 460.000€ que tivemos que devolver de licencias de obra que non chegaron a executarse, pero que os anteriores gobernantes tiñan gastado”.

“Hoxe o Concello de Valadouro, non so non ten débeda, senón que ten aforrados un millón de euros para investir neses temas pendentes”. Aquí Maseda din que non pode finalizar estes asuntos “por ter as mans atadas gobernando en minoría e con unha oposición máis preocupada en tumbarme a min que en loitar polo Concello”.

Sobre o comportamento dos partidos, Maseda di estar sorprendido da acción do PP,  “unha organización con vocación de gobernar se que se deixe manipular por unha concelleira tránsfuga”. Sobre a concelleira Josefina Geada, Maseda sinala sentirse culpable de ter chamado a esta concelleira para “a nosa candidatura”. “Estou vendo dia a día que tiña razón o BNG cando dicían que non era de fiar”. Maseda tamén apunta sobre Geada que “tivo a falta de vergoña de ir asesorarse, ou pretendía, no Concello veciño de Alfoz”.

Maseda finaliza o seu comunicado destacando que sempre entendeu a liorta política como un mal necesario, “dentro da lexitimidade que nos outorga a diferencia de opinión, a libertade de expresión e a ideoloxía política”. Mais tamén entende que “os que ostentamos un cargo político, fomos elixidos para defender os intereses dos votantes, os que nos votan e os que non nos votan tamén, e dicir: o interese Xeral”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...