InicioCultura'O neno e a sombra': quen apoie esta curta manterá a raia...

‘O neno e a sombra’: quen apoie esta curta manterá a raia os malos espíritos

O cervense Xaime Miranda obsequiará con amuletos da tradición galega aos mecenas da súa primeira película, artellada sobre os rituais máxicos do rural

Publicada o

- Advertisement -

O realizador cervense Xaime Miranda rodará a principios de 2019 ‘O neno e a sombra‘, unha peza de ‘folk horror‘ ambientada nos anos 80 na que as meigas ou o malo de ollo son o substrato da historia.

Tralo proceso de preprodución, o director mariñao está a impulsar unha imaxinativa campaña de crowfunding ou micromecenado na plataforma Verkami para custear a rodaxe.

Así, entre os agasallos que recibirán as persoas que acheguen diñeiro ao proxecto, están amuletos contra os trebóns ou o mal de ollo, como pedras do raio, castañas de envexa, alicornios ou ollomaos.

quenes apoien o proxecto recibirán pedras de raio, castañas de envexa ou alicornios

Os mecenas da curtametraxe tamén poderán desfrutar, en función da contía achegada, de camisetas e pósters, deseñados polo artista gráfico Xosé Blanco, botellas de licor café cortesía da viñoteca burelesa O Lagar ou mesmo dunha visita a San Estevo do Ermo, onde se celebrarán varios rituais.

Miranda, cos amuletos. AXM

RITUAIS CURATIVOS

Santo Estevo do Ermo é un policlínico do que se chama a etno-medicina”, apunta Miranda. “Hai unha fonte de augas curativas e outra que sanda os problemas na pel. O propio santo ten as súas propiedades, e tamén está a fervenza”, enumera o director da curtametraxe.

“san estevo do ermo é un policlínico do que chaman a etno-medicina”, expón o realizador

Miranda explica que “a historia é un drama psicolóxico de carácter universal, pero queríamos contar esta temática común cun toque persoal. Dalgún xeito, poñemos en valor unha serie de tradicións e rituais curativos que se daban no mundo rural galego. O vudú é moi popular, pero aquí tamén tivemos a nosa cultura máxica”, sostén.

Na chamada era da información, cos datos ao alcance dun clic, perdeuse parte do misterio da vida.

“Substituímos as prácticas máxicas, chamémolas así, por outras, como o mindfulness”, sorrí Miranda, que se asesorou cun antropólogo, Rafael Quintía, para que a ambientación da historia e o seu envoltorio tivese “dentro da ficción, a maior verosimilitude posible”.

Para Miranda, de 31 anos e formado en Cataluña, será a súa primeira curtametraxe, despois de gravar videoclips para grupos como Agoraphobia, Oh Ayatollah ou The Brosas.

EQUIPO E LOCALIZACIÓNS DA MARIÑA

Ao igual que coa curtametraxe reivindicará tradicións galegas, Miranda tamén aposta por un equipo mariñao.

A cervense Sabela Blanco encargarase da produción, ao igual que os focegos Lucía Ramiro e Uxía Corbelle, e o valadourense afincado en Burela Nuno Pico comporá a música. Iago Vilariño, tamén burelés, traballará na fotografía.

a aldea de vilarxubín, na pontenova, enriqueceu a historia que pretendía contar

A bisbarra tamén protagonizará as localizacións. “Rodaremos na aldea de Vilarxubín, na Pontenova, que é un lugar moi interesante. Visitámolo á procura de sitios e un pouco por casualidade deunos pé a modificar e enriquecer a historia”, expón Miranda.

O realizador cervense tamén gravará en San Pedro de Bogo, do concello pontenovés, e na contorna da Fraga Vella, entre Abadín e Mondoñedo.

PROXECTO AMBICIOSO

Tamén mariñao é un dos protagonistas do elenco, o actor valadourense Manuel Lourenzo. A presenza de Miguel de Lira será outro dos reclamos da curtametraxe.

actuarán na curta miguel de lira ou o valadourense manuel lourenzo

Quixémolo facer ben, o máis profesionalmente que poidamos”, expón Miranda. ‘O neno e a sombra’ precisará recadar 6.000 euros na plataforma para a súa finalización, dos que o realizador contará finalmente con 3.000.

O equipo anima a apoiar a creatividade cunha achega e, xa de paso, manter a raia os malos espíritos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...