InicioCulturaA axenda da fin de semana: Foz réndese ao chícaro e Burela...

A axenda da fin de semana: Foz réndese ao chícaro e Burela honra a Benjamín González

Vista Alegre acollerá os duelos dos equipos feminino e masculino do Pescados Rubén

Publicada o

- Advertisement -

Como cada sábado, o Xornal da Mariña repasa a axenda de ocio da fin de semana.

ALFOZ

Carballido honra a San Sebastián. Haberá misa e procesión, desde as 13.30 horas. Samba actuará na sesión vermú e na verbena.

Cruceiros, cruces e cristos‘ é o título dunha investigación sobre o patrimonio alfocense realizada por Mario Saavedra. O volume presentarase este sábado, a partir das 19.00 horas no centro sociocultural.

BURELA

Burela renderá homenaxe este venres a quen fora o seu párroco e cronista oficial, Benjamín González Quelle. O tributo comezará ás 19.00 horas cunha misa na súa lembranza.

A continuación haberá un acto no auditorio, onde se mostrarán fotografías e intervirán varias persoas achegadas ao cura, finado no pasado mes de maio.

Vista Alegre lucirá de gala o sábado para unha “tarde laranxa” de fútbol sala. O Pescados Rubén Burela FSF protagonizará o primeiro capítulo, a partir das 17.00 horas.

As xogadoras do Pescados Rubén, tralo partido de Alicante. AXM

As “guerreiras” mediranse ao Femisport Palau Club, o pechacancelas da Liga Foro 16 Feminismo, que só rabuñou un punto no que vai de tempada. O liderado está en xogo e o Atlético, segundo clasificado, recibe ao Alcorcón.

O partido do equipo masculino, que tamén defende a primeira praza, está previsto para as 20.00 horas.

Os discípulos de Juanma Marrube teñen un duelo complicado ante o Mengíbar. O equipo andaluz, cuarto clasificado, conta con xogadores como Emilio Buendía ou Colacha, ex do cadro burelao.

CERVO

Pepe Peinó presentará este venres (20.00 horas, O Almacén) a súa novela ‘A Fuxida‘. Intervirán no evento o dramaturgo e escritor Paco Piñeiro e os músicos Hugo Eiroá e J. Luis Rodríguez.

FOZ

Foz exaltará o chícaro (“ou berberecho”) ao longo desta fin de semana. O pregón de Eduardo Fraga abrirá a festa gastronómica, que ofrecerá catro preparacións diferentes -en empanada, á provenzal, ao vapor e con fabas de Lourenzá-.

O domingo, a celebración continuará nos locais de hostalería. Podes consultar o programa neste enlace.

O VALADOURO

O sábado, desde as 12.00 horas, a casa da cultura acollerá unha charla sobre dereitos sanitarios e testamento vital, coas intervencións de Carmen Fernández e Eduardo Chao.

RIBADEO

As Cantigas de Elena ofrece este venres un concerto no teatro ribadense. O recital comezará ás 21.00 horas.

A Dorada do Cantábrico inicia as súas xornadas da tortilla, que durarán ata o 31 de xaneiro.

Este sábado comeza o programa de verbenas da sala de festas Rosa Lar, con actuacións de orquestras cada fin de semana. Miramar será a encargada de amenizar a noite.

VEGADEO

Este venres, a casa da cultura de Vegadeo acolle -desde as 16.30 horas- un obradoiro de creatividade escénica impartido pola laurentina Marina Oural Villapol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...