A organización do Resurrection Fest anunciou que as entradas a prezo reducido para os empadroados en Viveiro estarán dispoñibles a partir do vindeiro venres, 1 de xaneiro.
Os interesados poderán adquirir os seus abonos nos claustros de San Francisco, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Os organizadores do Resu advirten de que só se poderá pagar con tarxeta.
Só poderán beneficiarse da oferta os censados fai máis de seis meses no municipio. Os clientes deberán ensinar o DNI á hora de mercar os abonos, que son nominativos e non transferibles.
O prezo será de 70 euros para os abonos de tres días e 140 para os pases Vip ou Pandemonium. O prazo para mercalas rematará o 30 de maio.
A organización agradece a colaboración do Concello de Viveiro para poder reducir o prezo das entradas.
CARTEL
Slipknot, Slayer, Gojira, Within Temptation, Lamb of God ou Parkway Drive son algunhas das bandas confirmadas pola organización para a edición de 2019.