InicioCulturaA axenda de ocio: Sés lidera unha fin de semana con variedade...

A axenda de ocio: Sés lidera unha fin de semana con variedade de propostas

A Mariña Lucense ofrece alternativas para os amantes do gando e das motos, do teatro e do arte, e tamén da gastronomía, coa Festa da Enfariñada e a Ruta de Pinchos do Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

Xornal da Mariña repasa a axenda de ocio da fin de semana.

CASTROPOL

Castropol celebra na fin de semana o seu produto estrela na festa de exaltación gastronómica ‘Somos la ostra‘.

CERVO

O sábado hai xornadas de portas abertas nos negocios que compoñen o centro de emprendemento do conxunto histórico artístico de Sargadelos.

Xornada de portas abertas en Sargadelos. AXM

 

Tamén o sábado, a Asociación de Axuda Ao Enfermo Mental da Mariña celebra os seus vinte anos cunha gala solidaria na que haberá actuacións musicais e teatrais e o sorteo de dúas viaxes. O evento comeza ás 20.00 horas, na Praza dos Campos de San Cibrao.

O domingo, o polígono industrial de Cuíña acollerá a quinta Feira do Gando de Cervo. Desde as 8.00 ás 14.00 poderanse realizar transaccións comerciais. Repartiranse 1.000 euros en premios para os mellores exemplares. Pola tarde, haberá carreiras desde as 16.00 ata as 20.00 horas.

FOZ

O sábado comeza o festival de Voces Xóvenes A Cappella, que cumpre a súa sétima edición. Abrirá o programa Concerto Tempo (sala Bahía, 20.00 horas).

Cartel do festival. AXM

 

OUROL

A igrexa parroquial de Santiago de Bravos acolle o sábado (20.30 horas) un concerto da banda xuvenil de música O Landro de Viveiro, baixo o título ‘Un día no circo‘.

RIBADEO

Sés presentará o sábado (auditorio Hernán Naval, 21.00 horas) o seu máis recente disco, ‘Rabia ao silencio’, no que canta a Zeca Afonso, Atahualpa Yupanqui ou Mercedes Sosa.

Tamén o sábado, os Xinetes de Remourelle celebrarán a súa novena ruta cabalar, que rematará con comida e verbena.

Ruta Cabalar dos Xinetes de Remourelle. AXM

TRABADA

A Festa da Enfariñada de Trabada cumpre o domingo a súa segunda edición. Ademais do prato típico, do que se repartirán unhas 500 cuncas desde as 12.00 horas, haberá música tradicional, demostracións do oficio do torneiro e, a partir das 16.30, concerto de Susana Seivane.

As mulleres de Marco da Pena cociñan a enfariñada. CONCELLO DE TRABADA

O VALADOURO

A concentración de motos do Valadouro cumpre 24 anos. Prolongarase do venres ao domingo.

Concentración de motos. AXM

O VICEDO

Continúa a Ruta de Pinchos do Vicedo. Esta fin de semana participarán cinco establecementos de hostalería, con cadansúa especialidade a dous euros (de 20.00 a 23.00 horas).

Ruta de pinchos do Vicedo. AXM

VIVEIRO

O sábado abrirase a exposición dedicada ao artista viveirense Manuel Bujados. Na biblioteca municipal, a partir das 13.00 horas.

Tamén o sábado, pero desde as 20.30 horas no Pastor Díaz, quenda para o teatro coa obra ‘Castrapo‘, na que actúa a actriz mariñá Estíbaliz Veiga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...