Viveiro convida a coñecer a colección inédita de Manuel Bujados

A exposición sobre o artista viveirense estará aberta ata o 2 de xuño na biblioteca municipal

Inauguración da exposición. AXM

A biblioteca municipal de Viveiro acolle desde este sábado a  exposición ‘Bujados: bosquexos, poemas e documentos’. A exposición estará aberta ata o 2 de xuño, en horario de luns a venres de 16.30 a 20.30 horas e o sábado de 11.30 a 13.30 horas. Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial e o Concello organizan a mostra.

A exhibición fundaméntase no legado que María Luísa Blasco Bujados, sobriña do artista, entregou ao Museo Provincial de Lugo no 2016. Trátase dunha colección inédita e de gran importancia para profundar no coñecemento da obra do creador viveirense, no seu proceso creativo e na súa dedicación profesional á ilustración. A colección recibiu un tratamento de conservación por parte do persoal técnico especializado da pinacoteca lucense.

REPRESENTANTE DO MODERNISMO SENSUAL

O pintor e debuxante nado en Viveiro no 1889, Manuel Bujados foi o principal representante do modernismo sensual.

Comezou a súa actividade artística publicando poesía, contos e novelas curtas. Participou na exposición de artistas galegos organizada polo Centro Galego de Madrid; no Salón de Humoristas e na exposición rexional de artistas galegos celebrada na Coruña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here