InicioCulturaArrinca o Resu máis multitudinario, que espera deixar dez millóns de euros...

Arrinca o Resu máis multitudinario, que espera deixar dez millóns de euros na provincia

A banda viveirense Back in Town iniciará os concertos na tarde deste mércores

Publicada o

- Advertisement -

Este mércores arrinca a décimo cuarta edición do Resurrection Fest, que segundo a organización prevé recibir a máis de 100.000 persoas do 3 ao 6 de xullo, e xerar un impacto económico de dez millóns de euros na provincia de Lugo.

O director do evento, Iván Méndez, remarcou na presentación que, para a edición máis multitudinaria dos 14 anos que ten o festival, “ampliarase todo o recinto e tamén as zonas de acampada“.

A organización espera superar os dez millóns de euros de impacto económico na provincia e xerar máis de 600 empregos directos e máis de 2.000 indirectos (entre limpeza, son, iluminación, produción, seguridade ou reforzo en locais de hostalaría).

E é que o festival contará con asistentes de 44 países diferentes, o que evidencia que o de Viveiro “é un dos mellores festivais de rock de Europa e o mellor de España”, destacaron os organizadores. O volume de negocio xerado en 2018 situouse en 8,5 millóns de euros en toda Galicia e en 6,6 millóns de euros na Mariña Lucense.

OCUPACIÓN HOTELEIRA, AO 100%

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, explicou que o municipio ten unha ocupación hoteleira do 100% durante toda a semana que se celebra o festival.

“Están ocupadas as 2.000 prazas hoteleiras e o mesmo ocorre coas 300 prazas do cámping municipal e coas 12.000 prazas de acampada que ofrece a organización. Haberá ademais servizo de transporte desde os distintos puntos e os autobuses sairán uns minutos antes de que comece cada concerto”, asegurou.

Tendas de campaña dos primeiros seareiros en Pernas Peón. AXM

A Deputación de Lugo colabora con 150.000 euros co festival.

PUNTO LILA

O goberno local -a través da Concellería de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres e a Oficina Municipal de Voluntariado- habilitará, por segundo ano consecutivo, un punto lila dentro do recinto que será atendido por persoas voluntarias e varias asociacións, entre elas, a asociación Femforte de Monforte e a Asociación Feminista de Vilalba, con especial formación e sensibilización en materia de igualdade de xénero.

O horario do servizo será de 17.00 a 2.00 horas o xoves e o venres, mentres que o sábado estará disposto de 16.00 a 4.00 horas.

Asistentes ao Resu, apurando as horas para os concertos. FUNDACIÓN TIC

IGNITE OU KVELERTAK, ATRACTIVOS DO MÉRCORES

Máis de 100 bandas conforman o cartel deste ano. Haberá catro escenarios temáticos, aos que se subirán artistas como Slipknot, Slayer, Parkway Drive, King Diamond, Within Temptation, Lamb of God ou Gojira, entre outros.

A apertura de portas será ás 17.00 horas e Back In Town ofrecerá o primeiro concerto, a partir das 17.30. Todos os recitais do mércores serán no Ritual Stage.

Archivo Adxunto, Devil In Me (19.45), Bury Tomorrow (21.00), Municipal Waste (22.15), Ignite (23.30) e Kvelertak (1.00) servirán de aperitivo para o xoves.

Horarios. AXM

A banda norueguesa Kvelertak será un dos pratos fortes do día, ao igual que a banda californiana Ignite.

PUNTO LILA

O goberno local -a través da Concellería de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres e a Oficina Municipal de Voluntariado- habilitará, por segundo ano consecutivo, un punto lila dentro do recinto para previr violacións e agresións sexuais, así como para asesorar ás vítimas.

O punto lila será atendido por persoas voluntarias e varias asociacións, entre elas, a asociación Femforte de Monforte e a Asociación Feminista de Vilalba, con especial formación e sensibilización en materia de igualdade de xénero.

O horario do servizo será de 17.00 a 2.00 horas o xoves e o venres, mentres que o sábado estará disposto de 16.00 a 4.00 horas.

O PEIRAO VELLO NON SERÁ PÁRKING

Segundo informou Portos de Galicia ao goberno local de Viveiro, o peirao vello de Viveiro non poderá ser utilizado como aparcadoiro malia a solicitude do executivo municipal.

Nun comunicado, Portos de Galicia afirma que debido a problemas loxísticos que atribúe á empresa adxudicataria, deter a obra de acondicionamento da zona tralo derrubo dos galpóns podería retrasar o seu remate por riba do prazo establecido de dous meses.

O peirao vello de Viveiro, trala demolición das naves, ofrecerá 355 prazas de aparcamento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...