InicioCulturaA axenda: as máscaras de Slipknot asaltan Viveiro

A axenda: as máscaras de Slipknot asaltan Viveiro

Ademais do Resu, a Feira do Libro de Ribadeo, a Subida á Pontenova ou a Rapa das Bestas de Candaoso son outras das citas relevantes da primeira fin de semana de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Xornal da Mariña repasa, como cada venres, a axenda de ocio da fin de semana.

CERVO

Lieiro celebra as súas festas patronais en honra a Santa Isabel. O sábado, Satélites e New York amenizarán a verbena. O domingo será a quenda de Palladium e París de Noia.

Sardiñada no Santa Isabel. AXM

O luns volverá a tradicional sardiñada, á que poñerán ritmo Félix e Galilea.

FOZ

Xavier Rodríguez Baixeras presenta o venres en Foz (20.30 horas, Librería Bahía) ‘Do abadexo á zorza. Dicionario da gastronomía galega‘. Organiza A Pomba do Arco.

MONDOÑEDO

O venres, con motivo do cuarto aniversario da declaración da Catedral como Patrimonio da Unesco, Luis Emilio Batallán ofrecerá un concerto no auditorio Pascual Veiga (21.00 horas).

Ao seu remate, iluminarase o rosetón da Praza da Catedral, nun acto musicalizado polo propio Batallán (22.30 horas).

A PONTENOVA

O sábado e o domingo desputarase a oitaba Subida á Pontenova, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña de rally. Nesta imaxe podes consultar os horarios.

Horarios da Subida á Pontenova. AXM

O sábado, Bogo celebra unha nova edición do autodenominado Festival Celta máis Pequeno do Mundo.

O VALADOURO

Amador Lar celebra o sábado a cuarta Foliada do Valadouro. Será na explanada do parque Concepción Arenal.

O programa comezará ás 18.00 horas con actividades infantís. Haberá un obradoiro de monicreques e despois terá lugar o espectáculo de marionetas ‘Antolín o Bailarín e Raio the Loubicán‘, a cargo de Ton Arenas.

Presentación da Foliada. AXM

A música comezará ás 20.00 horas, coas actuacións da agrupación burelá Ledicia, Entre Lusco e Fusco (Vilalba) e Amado Lar.

RIBADEO

Ribadeo celebrará esta fin de semana -de venres a domingo- a sexta edición da súa Feira do Libro. Mariñaos como Lourenzo Fernández Prieto, Paco Rivas, X. R. Baixeras ou Juan López Rico presentarán os seus traballos, así como Inma López Silva. A pregoeira será a viveirense Olalla Cociña.

Programa da Feira do Libro ribadense. AXM

 

VIVEIRO

Continúa o Resurrection Fest. O venres será o día grande do festival, coas actuacións de Slipknot, Arch Enemy, Crisix ou Cradle of Filth.

O sábado será a quenda de Within Temptation, Lamb of God ou King Diamond. Podes consultar nesta imaxe os horarios.

Horarios. AXM
Rapa de Candaoso. AXM

O domingo, desde o mediodía, a comunidade de montes de San Andrés de Boimente, en Viveiro, celebrará a 51 edición da Rapa das Bestas de Candaoso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...