InicioCulturaUn concerto de Budiño axitará o día grande da Feira do Bonito

Un concerto de Budiño axitará o día grande da Feira do Bonito

Trala declaración da festa de Interese Turístico Nacional, o Concello quere que o evento ofreza aos visitantes unha panorámica completa da cultura galega

Publicada o

- Advertisement -

Un concerto de Xosé Manuel Budiño, o 3 de agosto, servirá para celebrar a declaración da Feira do Bonito como festa de Interese Turístico Nacional.

O recital do artista, no día grande da feira (o sábado ás 22.00 horas, na carpa), englóbase na intención do Concello de Burela de mostrar o mellor da cultura galega nunha cita que chama a moitos asistentes de fóra de Galicia.

Este ano traemos a un artista representativo de Galicia e diferente, como é Budiño. Mestura a tradición galega con sons máis contemporáneos, ten unha personalidade propia e moitos seguidores. Hai tempo que non actúa pola nosa zona e cremos que é un bo momento”, expón o edil de cultura, José Díaz.

O concelleiro sinala que a declaración de Interese Turístico Nacional da Feira do Bonito facilita ofrecer actuacións deste tipo, ao tempo que “reforza a nosa idea de traer artistas nosos”.

“FEIRA DE MOSTRAS”

Queremos que a xente que vén de todo o país e mesmo de procedencia internacional vexa na feira artistas que son representativos do noso”, indica Díaz, que aspira a que o evento sexa “unha feira de mostras no ámbito gastronómico, cultural –co certame de pintura mural Amarte– e tamén musical”.

VOCALISTA NO SEU ÚLTIMO TRABALLO

Budiño está inmerso na presentación do seu disco ‘Fulgor‘, no que mostra outra faceta de si mesmo, xa que por primeira vez -é coñecido polo seu talento como gaiteiro– canta as súas propias cancións, nas que ten menos protagonismo o instrumento co que se fixo un nome no panorama musical.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...