O director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, foi recoñecido este sábado co Premio Galicia da Crítica na modalidade de música nunha gala que tivo lugar en Vigo.
Na categoría de Música, houbo unanimidade no xurado para recoñecer a Carballal, director da Escola de Música de Burela cunha “traxectoria longa e un traballo de base moi singular na música galega, que levou a que centos de nenos do rural galego puidesen acceder” a esta arte.
‘FARIÑA’ OU LUCÍA FREITAS, OUTROS PREMIADOS
A serie ‘Fariña‘, a novela ‘O mar que nos leva‘ da escritora Moncha Fuentes e o proxecto científico ‘Satélite LUME-1‘ para a loita contra os incendios foron algúns dos gañadores dos Premios da Crítica Galicia, que este sábado celebraron a súa 42ª edición no Auditorio Afundación de Vigo. Ademais foron galardoados noutras categorías a escultora Soledad Penalta; o Festival de Poesía do Condado, a bailarina Rut Balbís e a cociñeira Lucía Freitas.
Baixo a lema ‘Teñamos ou valor de darnos ou futuro’ celebrouse esta gala conducida pola xornalista galega Noelia Otero e á que acudiron unhas 300 persoas, entre elas o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes. Toda a información no Galicia Confidencial.