O cervense Xaime Miranda segue a acumular premios co videoclip ‘De Bruma e Salitre’

A peza audiovisual, realizada para o grupo Mileth, recibiu o premio do xurado no festival de curtas Armandiña de Poio

Miranda, co premio e integrantes do grupo Mileth. AXM

O realizador de Cervo Xaime Miranda segue a acumular premios polo videoclip ‘De Bruma e Salitre’, do grupo Mileth, vén de facerse co premio do xurado ao mellor videoclip no Festival Curtas Armadiña de Poio.

Cómpre lembrar que a peza audiovisual, dirixida por Miranda con Iago Vilariño como director de fotografía, acadou este ano premios no Festival de Cine Internacional de Ourense ou o Festival Internacional Primavera do Cine de Vigo.

RODADO NA MARIÑA LUCENSE

Este videoclip é unha mostra máis dos numerosos traballos audiovisuais rodados na Mariña Lucense polo realizador, quen ten feito clips para bandas como Dios ke te Crew, Heredeiros da Crus, Oh! Ayatollah, Familia Caamagno ou Basanta, entre outros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here