Eduardo Estévez, Estíbaliz Espinosa e Manuel Darriba recitarán na Festa da Palabra, desde este martes

A Pomba do Arco organiza no Cenima de Foz a quinta edición do encontro poético

Eduardo Estévez. TWITTER

A Pomba do Arco organiza en Foz, do 26 ao 28 de novembro, unha nova edición -a quinta- do recital poético A Festa da Palabra.

Abrirá o programa Eduardo Estévez (Bos Aires, 1969). Trátase dun dos máis recoñecidos poetas galegos, cunha bibliografía que arrinca nos anos 90 e que o autor percorrerá durante o seu recital en Foz.

O mércores 27 será a quenda de Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974), Premio de Poesía AFundación 2017, mentres que o xoves 28 participará no encontro Manuel Darriba (Sarria, 1973), xornalista que como poeta levou no 2005 o Premio Espiral Maior.

Todos os recitais da Festa da Palabra celebraranse na sala de exposicións do Cenima, a partir das 20.30 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here