InicioCulturaTeatro, fotografía e un monólogo de Ledicia Sola protagonizan o marzo cultural...

Teatro, fotografía e un monólogo de Ledicia Sola protagonizan o marzo cultural de Burela

Este domingo, antes do espectáculo, venderanse as últimas entradas para a ópera 'Rigoletto'

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura de Burela anunciou a súa programación para o mes de marzo, que se iniciará o vindeiro domingo coa ópera ‘Rigoletto’, de Giuseppe Verdi, ás 19.00 horas no auditorio municipal. As entradas están case esgotadas pero o propio día do espectáculo poranse á venta na billeteira arredor de 50 localidades.

O 14 de marzo haberá teatro a cargo do grupo Andanzas de Viveiro, que porá en escena a obra ‘El caso de la mujer asesinadita‘, de Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. A actuación será ás 20.30 horas, con entrada de balde.

O día 17 terá lugar a presentación da Semana Santa de Burela 2020, ás 20.00 horas. Ao remate do acto haberá unha actuación musical. O 22 volverá proxectarse unha película infantil dentro do ciclo Burela de Cine, ás 18.00 horas con entrada gratuíta.

O 28 de marzo a actriz Ledicia Sola presentará o seu monólogo ‘Divina’. As entradas, para este espectáculo de Etiqueta Negra Producións estarán á venta o mesmo día ao prezo de catro euros. A intérprete é na actualidade unha das protagonistas da serie ‘Vivir sin permiso‘, que se emite en Telecinco os luns pola noite.

Ademais ata o día 27 destes mes de marzo pode visitarse a exposición fotográfica ‘Luces y Sombras‘ de Julio Noche en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O Concello de Burela conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Rede Galega de Teatros e Auditorios, do Xacobeo 2021 e de Agadic para a programación das actividades que se desenvolverán durante o presente mes de marzo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...