InicioCulturaO Valadouro mostra o mellor do teatro afeccionado mariñao

O Valadouro mostra o mellor do teatro afeccionado mariñao

Cinco grupos teatrais da bisbarra participan no evento, que durará ata o xoves e que organiza o Concello coa axuda da Deputación

Publicada o

- Advertisement -

Ferreira do Valadouro acollerá ata o vindeiro xoves a Semana do Teatro, que reúne a cinco grupos teatrais mariñaos. A entrada para todas as representacións será de balde.

Trala apertura do evento o pasado domingo, coa interpretación da peza ‘A Azoreira (República Independiente)‘ a cargo de Os Pícaros da Lagoa, de Alfoz, este luns é a quenda de Bule-Bule, unha formación de teatro fusión formada por autores do municipio alfocense e de Lourenzá. O grupo recreará a comedia ‘Xente con xente‘, desde as 22.00 horas no centro sociocultural Manuel Lourenzo, que acollerá todas as actividades.

O martes, á mesma hora, actuará o grupo cervense O Bordelo, que escenificará ‘Depende‘, escrita por Francisco Piñeiro. O mércores, Ollomao interpretará ‘Enciclopedia Álvarez‘.

PECHE

O grupo teatral A Adala, de Fazouro, será o encargado de pechar a Semana do Teatro coa súa recreación de ‘Elixir de xuventude‘.

O Concello do Valadouro organiza a Semana do Teatro coa colaboración da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...