InicioCulturaA Ruta da Faba convida a saborear Lourenzá

A Ruta da Faba convida a saborear Lourenzá

O roteiro ofrece a posibilidade de coñecer o patrimonio cultural, natural e gastronómico do municipio os días 13, 20 e 27 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

Achégase a Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 5 ao 7 de outubro, e con ela as actividades paralelas que potencian a exaltación gastronómica. A segunda edición da Ruta da Faba ofrecerá a posibilidade de coñecer o potencial artístico, natural e gastronómico do municipio os días 13, 20 e 27 dese mesmo mes.

LUGARES EMBLEMÁTICOS

O roteiro ten unha duración de sete horas e está pensado para grupos de dez ou 15 persoas, tanto turistas como mariñaos que queiran desfrutar dos encantos do concello. Ao longo do traxecto, os participantes coñecerán os edificios emblemáticos do municipio, como a Igrexa de Santa María de Valdeflores, o Museo de Arte Sacro do Mosteiro de San Salvador, o Centro de Interpretación da Faba ou o Pazo de Tovar.

A ruta tamén inclúe lugares como a Ponte do Xuncal, o Muíño do Pereiro, onde se degustará faba verdina, ou o Mirador da Valiña, que destaca polas vistas que ofrece do val.

VISITA ÁS PLANTACIÓNS

Outro dos atractivos da iniciativa son as visitas ás plantacións de faba, nas que os agricultores explicarán de primeira man o proceso de cultivo da leguminosa. Os participantes tamén se achegarán á Cooperativa Terras da Mariña para coñecer o seu método de traballo.

XANTAR

Finalmente, entre a xornada matinal e a de tarde, a ruta inclúe un xantar no Pazo de Tovar composto de produtos da comarca, como a faba de Lourenzá, a pescada de Celeiro ou o bonito de Burela.

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas en facer a Ruta da Faba, que comercializa Mariña Activa, deben facer a súa reserva no número de teléfono 683.401.865 ou no correo info@mariñactiva.com.

Na presentación do proxecto, este mércores, participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López; o representante da Cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado; e Pedro Fraga, de Mariña Activa, empresa que se encarga de comercializar esta Ruta da Faba.

VESPAFABA E CLÁSICOS LOURENZÁ

A cuarta edición da concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, do 5 ao 7 de outubro, coincidirá un ano máis coa exaltación gastronómica. A organización inclúe rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, e os participantes poderán degustar a gastronomía local ou participar nunha xincana

A concentración está prevista para o sábado 6, día das vespas, scooters e lambrettas, e o domingo 7, xornada dos coches clásicos. Os amantes dos vehículos antigos poderán velos nas primeiras horas da mañá na avenida Fernández del Riego.

Cartel de VespaFaba e Clásicos Lourenzá. AXM

Ademais, o domingo, haberá unha charla coloquio con Jorge Aguirre, que fixo un traxecto Xixón-Moscú nun Citroën Dyane 6. A organización espera que veñan participantes das catro provincias galegas e de AsturiasMadrid ou Salamanca

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...