O Pescados Rubén Burela FS vén de facer público o convenio laboral do primeiro equipo feminino, o único que existe actualmente no deporte español.
O acordo entre o Burela, o primeiro equipo e a Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF), inclúe seguros de accidente e invalidez e renovación en caso de embarazo.
O salario mínimo de 900 euros -cunha suba anual do 2%-, as axudas para a conciliación familiar -garderías, subvención para os libros de texto- ou son outros puntos destacados do convenio, que terá unha duración de dous anos.
Aquí podes consultar o texto definitivo, facilitado pola propia entidade. conveniocolectivo18pages-13-41