Adrián Ben acada o ouro no campionato Mediterráneo sub-23 de atletismo

O atleta viveirense correu os 1.500 metros en 3:46.34 e iniciou cun título a tempada

Adry Ben. CEDIDA

Adrián Ben comezou o 2019 tan en forma como pechou o pasado exercicio e alzouse co título dos 1.500 metros no Campionato Unión Mediterráneo sub-23, disputado na localidade francesa de Miramas.

Cun tempo de 3:46.34, o atleta viveirense iniciou así da mellor maneira posible a tempada, cun triunfo nun campionato de pista cuberta.

O corredor marroquí Hicham Ankakam foi o segundo clasificado, tras parar o cronómetro en 3:47.45; mentres que Pierrik Jocteur-Monrozier, de Francia, cubriu a distancia en 3 minutos, 47 segundos e 50 centésimas.

OITO MEDALLAS

Ignacio Fontes, do combinado español, quedou en cuarta posición cun tempo de 3:47.79, a un paso do podio. A expedición española acadou catro ouros e oito medallas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here