O atleta viveirense Adrián Ben acadou a medalla de bronce por equipos no Europeo sub-23 de cross celebrado en Tilburg, Holanda.
A selección española sumou 42 puntos e quedou en terceiro lugar, por detrás de Gran Bretaña, que obtivo 30, e da campioa, Francia, que quitou 11.
Jimmy Gressier foi o campión da proba, cubrindo os 8,3 quilómetros de percorrido en 23 minutos e 37 segundos. O tamén francés Hugo Hay acadou o terceiro posto, e ambos lideraron a Francia ao título.
Ben rematou a proba en 24 minutos e 12 segundos, na décima praza. Foi o segundo mellor corredor do combinado español, por detrás de Tariku Novales, que chegou 28 segundos despois de Gressier.
Aim Houkmi, o terceiro integrante da selección española, fixo un tempo de 24:43, que lle valeu a vixésimo sexta praza.
Podes ver a carreira completa neste enlace de Teledeporte.
ANO PARA LEMBRAR
O corredor viveirense acaba así un curso espléndido, cun bronce no Campionato de España dos 1.500 metros lisos e unha participación no Campionato de Europa absoluto de Berlín, nesa mesma proba.