O xogador da base do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle foi convocado pola selección española sub-17 de fútbol sala.
O futbolista mariñao, aínda en idade cadete, participará na concentración do combinado espñaol en Mallorca, entre o 24 e o 28 de febreiro, para competir en senllos amigables fronte a Portugal, nas localidades de Calviá e Capdepera.
Tralas convocatorias do á Pitero (no 2016), do gardameta Luismi (no 2017) e do peche Nito (ao longo dos dous últimos cursos), a de Jorge Quelle é a cuarta chamada do combinado español a un xogador da base do cadro laranxa, o que valida o traballo de canteira do club.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-16
Quelle vén de completar un espléndido Campionato de España en Las Rozas coa selección galega sub-16, coa que alcanzou as semifinais. O xogador do Pescados Rubén Burela anotou dous goles na penúltima rolda, que non lle serviron ao combinado irmandiño ante a superioridade de Castela e A Mancha (8-3).