InicioDeportesAle de Paz, procedente do Poio, reforzo para o Pescados Rubén Burela...

Ale de Paz, procedente do Poio, reforzo para o Pescados Rubén Burela FSF

A á-peche, de 24 anos, chega a Vista Alegre tras catro tempadas no equipo pontevedrés

Publicada o

- Advertisement -

A á-peche Alejandra de Paz González, coñecida deportivamente como Ale de Paz, defenderá a camisola do Pescados Rubén Burela FSF na tempada 2019-2020. A xogadora (Neda, 1995) incorporarase ao equipo laranxa despois de catro tempadas no Poio Pescamar FSF

O presidente da entidade, Manuel Blanco, e o secretario, José Dovale, acompañaron á nova futbolista do Pescados Rubén na súa presentación..

“Estaba moi cómoda en Poio, pero non podía desaproveitar a oportunidade da chamada de Burela; é un dos mellores equipos de Europa, cun gran proxecto e unha gran familia, por iso eu creo que é doado vir”, asegurou de Paz. 

Síntome unha privilexiada, estou facendo o que me gusta, son deportista profesional e seguirei a miña traxectoria en Galicia”, explicaba a xogadora galega, formada en Comarcal A Fervenza e Valdetires Ferrol.

DEZ TANTOS NO PASADO CURSO

Ale de Paz, campiona de España coa selección galega sub-21, destaca polas súas dotes defensivas, pero na pasada edición da Liga Foro 16 Feminismo foi capaz de marcar dez goles.

CATRO XOGADORAS CON CONTRATO

De Paz súmase a Peque e Dany, ambas con contrato en vigor, e a Ana Romero, recentemente renovada.

“Son unha xogadora moi competitiva e chego a Burela con ganas de aprender e seguir medrando. Veño decidida a achegar todo o posible e a pelexar por gañar títulos”, asegurou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...