InicioDeportesO Concello inicia trámites para facer a Travesía Ría de Foz de...

O Concello inicia trámites para facer a Travesía Ría de Foz de Interese Turístico Galego

A concellería de deportes e xuventude considera que a cita, que se celebra anualmente desde 1962, reúne os requisitos esixidos para acadar a declaración

Publicada o

- Advertisement -

O Concello quere facer da Travesía Ría de Foz unha celebración de Interese Turístico Galego. A concellería de deportes e xuventude anunciou este sábado que vén de iniciar trámites para acadar a declaración para o evento, que este domingo cumprirá 57 edicións.

O goberno local argumenta que a proba “pon en valor o medio natural, promociona hábitos saudables e tamén un deporte con forte arraigo na Mariña Lucense”, polo que se converteu “nun referente do calendario da Federación Galega de Piragüismo”.

Arredor de 400 padexeiros acuden anualmente a Foz durante o verán para participar na proba, acompañados dos seus adestradores e das súas familias, polo que o Concello non ten dúbidas de que a cita “apuntala unha oferta deportiva e turística e enche o municipio de visitantes”.

A TERCEIRA MÁIS ANTIGA DO ESTADO

A Travesía celébrase ininterrupidamente dende o ano 1962. Trátase da segunda proba de piragüismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do Estado, tralo Descenso Internacional do Sella e o Descenso do Miño.

Segundo remarca o cronista oficial, Suso Fernández, que colaborou na súa posta en marcha, “foi o daquela alcalde de Foz, Pepe Beltrán, querendo sacar partida ás augas da ría, quen pensou na posibilidade de logralo co piragüismo, que podería axeitarse mellor ás condicións naturais da mesma, e con ese fin organizar unha travesía anual”.

CANTEIRA

O Club Kayak de Foz organiza a travesía. O Concello destaca que a aposta da entidade por fomentar o piragüismo entre os máis novos está a dar resultado, “e xa foron varios os padexeiros destacados en torneos nacionais e internacionais que permiten levar o nome do municipio moito mais alá de Galicia”.

Así, pois, segundo a concellería de cultura do bipartito focego, que ostenta o nacionalista Gemma Méndez, a proba “acada méritos abondos para ser declarada de Interese Turístico de Galicia, xa que para este obxectivo valoranse positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...