O Burela FSF, á final da Four Nations Futsal de Milán

O Pescados Rubén goleou ao Laguna Uor ruso (2-9) e espera rival na semifinal entre o equipo anfitrión e o BudStar ucraíno

O Burela FSF celebra a vitoria. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF clasificouse pola porta grande para a final da Four Nations Women’s Cup Winner’s Futsal que se celebra esta fin de semana en Milán, logo de desfacerse do Laguna Uor ruso por un tanteo de 2-9.

O cadro que adestra Julio Delgado deixou claro desde o principio a súa superioridade e foise ao descanso cunha vantaxe de tres goles, obra de Peque, en dúas ocasións, e Cilene.

Tralo descanso, Jenny Lores ampliou a renda para o equipo laranxa. Poucos segundos despois, no minuto 27, o cadro ruso anotou o seu primeiro tanto.

Ale de Paz, Luci, Jozi -desde a súa propia portería- e Lara puxeron máis terrade por medio no marcador. O conxunto ruso recurtou diferenzas antes do 2-9 definitivo, asinado por Jane.

Podes ver o encontro completo nesta ligazón, da páxina de Facebook na que se poden ver todos os partidos do torneo.

O DOMINGO, O ENCONTRO DECISIVO

As burelás disputarán este domingo (15.00 horas) a final contra o gañador do encontro entre o cadro anfitrión, o Kick Off 5 Milano, e o BudStar ucraíno. A competición enfronta aos campións de Copa dos catro países, e o Burela FSF gañouse o seu dereito a participar despois da súa brillante vitoria contra o Atlético na Copa da Raíña celebrada en Vista Alegre.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here