O Pescados Rubén Burela FSF anunciou a incorporación da á internacional Lucía Gómez, ‘Luci‘ (A Coruña, 1992), que procede do Ourense Envialia. Trátase da segunda fichaxe que oficializa o club tralo regreso de Peque.
Futbolista con talento individual e intelixencia táctica, Luci cumpriu no pasado curso a súa segunda tempada co cadro ourensán, co que se proclamou campioa da Copa de España no 2017. Sen ser a anotación a súa mellor virtude, na campaña 2017-2018 anotou 14 goles na máxima categoría.
TRAXECTORIA
En outubro de 2017 estreouse coa selección española en Portugal e tamén disputou co combinado hispano o Torneo IV Nacións de Guadalaxara e o trofeo internacional de Moscova, na pasada primavera. Luci criouse na Escola Sal Lence e Viaxes Amarelle da cidade herculina, e entre 2014 e 2016 defendeu as cores do Lacturale Gurpea Orvina navarro.