A peche brasileira Camila Gadeia Silva, Cami, regresa ao Pescados Rubén Burela FSF, equipo no que militou nas dúas últimas tempadas, despois de seis meses no seu país de orixe, onde conseguiu o Campionato Paulista e de Xogos Universitarios co São José, ademais de alzarse co título de Copa América con Brasil, xunto a Cilene.
O club burelao está á espera da documentación necesaria para formalizar a contratación de Cami (São Paulo, 1990), que xa chegou á Mariña Lucense para pasar as datas de Nadal.
FORTALEZA DEFENSIVA E PEGADA
Na pasada campaña, na que levantou co Burela FSF a Copa da Raíña, Cami destacou pola súa fortaleza defensiva e ademais anotou 14 goles na Liga. Julio Delgado e Lucas contarán así con dous reforzos de luxo para a segunda volta e o play off, despois de que Cris se recuperase dunha lesión de xeonllo.