O Pescados Rubén Burela FS medirase ao FC Barcelona nos cuartos de final da Copa do Rei, despois de desfacerse do Parrulo Ferrol na eliminatoria de oitavos de final.
Ao cadro da Mariña Lucense tocoulle no sorteo o rival probablemente máis complicado dos restantes sete aspirantes, logo de que Inter Movistar e ElPozo Murcia fosen eliminados da competición. Pasar de rolda dá acceso á fase final do torneo, na que competirán polo títulos os catro mellores.
Os discípulos de Juanma Marrube visitarán ao equipo catalán no Palau Blaugrana o 12 de febreiro. As outras eliminatorias de cuartos de final son as seguintes: Talavera–Santa Coloma, Betis–Peñíscola, Jaén–Jimbée Cartagena.