O Pescados Rubén Burela FSF meteuse na Final Four da Copa Raíña, trofeo do que é o vixente campión. O cadro burelao gañouse a dereito a defender o título e estará entre os catro mellores da competición tras desfacerse nos cuartos de final do Leganés (1-2), nunha eliminatoria a partido único que o equipo da Mariña Lucense disputou a domicilio.
Cilene adiantou no minuto 6 ás discípulas de Julio Delgado e máis Lucas cun tanto de penalti, sinalado por man dunha xogadora local.
O Leganés mantívose no encontro e acadou o empate a falta de catro minutos para o desenlace. O tanto deu ás ao cadro local e puido meterse en problemas o Burela FSF, que soubo reaccionar cun rápido tanto de Jane que serviu para certificar o billete para as semifinais.