InicioDeportesO Burela FSF mantense na segunda praza tras gañar a domicilio ao...

O Burela FSF mantense na segunda praza tras gañar a domicilio ao Leganés

Cilene, Dany e Cris, con cadanseu dobrete, lideran o triunfo do Pescados Rubén (2-6), que segue a cinco puntos do Futsi

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF derrotou a domicilio (2-6) ao Leganés, apenas uns días despois de eliminar ao cadro madrileño da Copa da Raíña, e mantense na segunda posición da Primeira División. O equipo laranxa non puido limar a diferenza de cinco puntos que o separa do líder, o Atlético Futsi Navalcarnero, que gañou na pista do Móstoles.

O equipo que preparan Julio Delgado e máis Lucas saíu ao encontro con convicción e no minuto 4 xa gañaba por 0-2, con tantos de Cilene e Cris. Con todo, o Leganés conseguiu reducir as distancias no electrónico por medio de Laura Stone (minuto 10) e chegou vivo ao descanso, cunha desvantaxe mínima.

Cris encarrilou a vitoria das da Mariña Lucense nada máis comezar o segundo tempo e Dany ampliou o botín do Burela FSF no minuto 27. O cadro burelao non padeceu de aí ata o desenlace, e mesmo cando Laura Stone anotou o 2-4, a tres minutos do final, Cilene respondeu de inmediato para asegurar o triunfo do equipo laranxa, que certificou Dany nos últimos segundos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...