InicioDeportesO Betis afasta ao Pescados Rubén da loita polo ascenso

O Betis afasta ao Pescados Rubén da loita polo ascenso

Remata a tempada para o cadro local, que caeu nun partido apaixonante, con prórroga incluída

Publicada o

- Advertisement -

Pescados Rubén Burela: Edu, Pope, Hélder, Héctor e Renato. Tamén xogaron Víctor, Colacha, Matamoros, Chus, Luisma.

Real Betis: Raúl Jiménez; Aarón, Éric, Jaime Migo e Bermusell. Tamén xogaron Bellvert, Chano, Rubén Cornejo, Raúl Gómez e Ivi.

Árbitros: Montero Galán e Navarro Rodríguez (Castela e León).

Goles: 1-0, m. 17. Matamoros. 1-1, m. 18. Chano. 2-1, m. 28. Víctor. 3-1, m. 32. Matamoros. 3-2, m. 33. Bermusell. 3-3, m. 34. Bermusell. 3-4, m. 38. Raúl Gómez. 4-4, m. 40. Héctor. 4-5, m. 42. Bermusell. 4-6, m. 45. Raúl Gómez.

O Pescados Rubén Burela perdeu contra o Betis na prórroga do segundo partido da eliminatoria e quedou eliminado do play off de ascenso á Liga Nacional de Fútbol Sala.

O equipo visitante comezou o encontro cunha presión alta que dificultou a saída de balón dos locais. Aos 40 segundos de xogo Pope despexou baixo paus un disparo cruzado de Éric, que rematou fóra coa testa no minuto 3. Chano e Raúl Gómez tiveron outras dúas ocasións, proba do dominio do conxunto visitante ante un Pescados Rubén incómodo.

O equipo mariñao mellorou no treito final do primeiro tempo. Luisma e máis Pope topáronse coa categoría de Raúl Jiménez e Renato e Matamoros desaproveitaron unha dobre ocasión no saque dunha falta ao borde da área. O pivote madrileño non perdoou un dobre penalti no minuto 17, pero a ledicia durou pouco nas gradas de Vista Alegre. Cunha boa manobra de espaldas a portería, Chano equilibrou o encontro.

SEGUNDO TEMPO

A segunda metade comezou con ocasións en ambas porterías. Un pletórico Edu desbaratou dúas oportunidades dos visitantes. Os locais tiveron tres ocasións moi claras: Colacha non chegou por uns centímetros a rematar no segundo pau un disparo desviado de Hélder, antes de que Renato e o propio á andaluz do Burela toparan co pau. Víctor e Matamoros, en dúas xogadas de estratexia, premiaron o esforzo do conxunto laranxa.

os locais desaproveitaron un 3-1 e forzaron o tempo extra a nove décimas do final

Tralo 3-1, o Betis sacou rendemento ao porteiro-xogador e Bermusell marcou dous goles consecutivos para igualar o marcador. A dous minutos do remate, Raúl Gómez adiantou ao equipo verdibranco cun 3-4 que caeu como un xarro de auga fría en Vista Alegre. O encontro semellaba perdido, pero Héctor mantivo con vida ao cadro burelés cun fungueirazo a nove décimas do desenlace.

Na prórroga, Bermusell e Raúl Gómez culminaron dous contragolpes e puxeron fin á tempada dun Pescados Rubén que non acadou o obxectivo do ascenso, pero que ten moitos apuntes positivos cos que quedarse, como o título da Copa Galicia ou o crecemento de xogadores novos que poden ser vitais no proxecto de cara ao futuro.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...