Os obreiros de Alcoa na Coruña reclaman á Xunta “que se involucre”

A doce días de rematar o prazo de negociación do ERE, os traballadores lembran ao Goberno galego que ten "competencias en medio ambiente e industria"

Traballadores de Alcoa na Coruña, manifestándose en Santiago. GALICIA CONFIDENCIAL

Arredor de cen traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña concentráronse este xoves fronte á sede da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela para reclamar a “intervención” da planta e denunciar que o Goberno galego “non se está a involucrar” no conflito.

O presidente do comité europeo, Juan Carlos López Corbacho, lembrou que o Executivo autonómico ten “competencias en medio ambiente e industria” e solicitou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o reciba.

PRAZO

O prazo de negociación do ERE extintivo presentado pola multinacional do aluminio para as plantas da Coruña e Avilés conclúe o vindeiro 15 de xaneiro.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here