InicioEconomíaJosé Antonio Zan seguirá á fronte do comité de empresa de Alcoa...

José Antonio Zan seguirá á fronte do comité de empresa de Alcoa catro anos máis

José Antonio Zan avisa: "Sabemos que os tempos que nos quedan por diante son difíciles".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, José Antonio Zan (CC.OO.), seguirá á fronte deste órgano de representación dos traballadores ao ser reelixido para outro catro anos.

“Éncheme de orgullo poder repetir”, valorou este mércores, xa que “hai moitos anos” que non se repetía no cargo, no cal leva desde 2019. “Iso quere dicir que fixemos un bo traballo durante este catro anos”, asegura.

Ante un escenario de próxima reactivación progresiva das cubas da factoría a partir do 1 de xaneiro, despois de que a empresa decidise unha parada total da produción de aluminio nas últimas semanas, Zan avisa: “Sabemos que os tempos que nos quedan por diante son difíciles”.

“Cambiaba a presidencia a cambio de poder ter uns anos de tranquilidade e só falar de problemas pola negociación do convenio ou pouco máis”, reflexiona.

En concreto, Zan recibiu 10 votos do comité de empresa electo, seguido por Diego Ballesteros (UGT), con oito votos, e que será vicepresidente. Houbo catro abstencións.

Pola súa banda, José M. Leal Bustabad (CC.OO.) ocupará o cargo de secretario e tesoureiro. Alejandro Martínez Eiroa (CC.OO.) foi elixido como vicesecretario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...