InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa agardan que o adianto electoral non afecte ao...

Os traballadores de Alcoa agardan que o adianto electoral non afecte ao estatuto para as electrointensivas

O comité de empresa da Coruña mantén que o goberno en funcións pode aprobar o novo marco regulatorio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, agarda que a convocatoria de eleccións xerais para o 28 de abril anunciada por Pedro Sánchez non afecte ao compromiso do goberno español de elaborar un estatuto para as compañías electrointensivas.

O sindicalista sostén que o texto “pode ser tramitado aínda que o executivo estea en funcións” xa que, explicou, o documento xa pasou polo Congreso dos Deputados e “só quedaría a aprobación do Consello de Ministros, que ten capacidade para sacalo adiante”.

Os traballadores da multinacional están convencidos de que o novo marco regulatorio favorecerá “mellores ofertas” para adquirir as fábricas da Coruña e Avilés, nas que esta semana se realizou o apagado das series de electrolise, e tamén dará garantías de futuro á factoría de San Cibrao.

López Corbacho apuntou que agardan “ter axiña acceso ao borrador, para poder avaliar as propostas que foron chegando e escoller a mellor”. Segundo sinalou, o período de exposicón do documento conclúe este venres.

CALENDARIO DE XUNTANZAS

Os traballadores da Coruña e Avilés reuniranse a vindeira semana con representantes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias para ir “filtrando proxectos industriais e buscar o mellor escenario para vender as plantas”.

O 12 de marzo, os sindicatos trasladarán as súas propostas ao Ministerio de Industria, nunha xuntanza na que tamén participarán os gobernos autonómicos.

O persoal da factoría coruñesa agarda unha oferta que permita a posta en marcha integral da planta, coa fundición e as series de electrolise traballando a pleno rendemento, para garantir a continuidade dos postos de traballo.

PLAN DE FORMACIÓN

Con respecto ao futuro inmediato tras a parada das series, Juan Carlos López Corbacho, anticipou que o vindeiro martes “se presentará un plan de formación” para os traballadores, que se dedicarán tamén ao mantemento das instalacións “para deixar a planta o mellor posible para cando chegue un novo produto”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...