A frota da Mariña avoga por acabar cos “localismos” e trazar unha estratexia común de venta

Brexit, anisakis, cotas ou comercialización do peixe foron algúns dos temas abordados no primeiro Foro Económico da Mariña

Poñentes e público na primeira edición do Foro Económico da Mariña. AXM

O primeiro Foro Económico da Mariña reuniu este xoves no hotel Nordés de Burela a unha ampla representación do sector pesqueiro da comarca, que tratou temas coma o Brexit, as novas formas de comercialización ou as problemáticas relacionadas coas cotas de pesca.

A seguridade alimentaria, con especial protagonismo para o anisakis, foi outro dos principais temas de debate do encontro, no que participaron comercializadores e distribuidores dos portos de Burela e Celeiro.

O economista Antonio Dorrego moderou unha mesa redonda na que participaron Miguel Neira e Eduardo Míguez, representantes de Armadores de Burela, S. A. (Absa) e Puerto de Celeiro fixeron fincapé na “necesidade de unión” entre as diferentes empresas para unha estratexia conxunta de visibilización dos produtos do mar que se distribúen dende a Mariña Lucense.

Sergio López e Tito Sixto, representantes da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de LugoAsociación de Exportadores Maioristas de Peixe e Marisco A Mariña (Adexmar), produtores e exportadores respectivamente, concluíron que é moi importante “diferenciar a calidade do produto fresco do mar con respecto á produción da acuicultura”, na que os países nórdicos apostaron por potenciar a “marca país” fronte aos “localismos” que caracterizan ás empresas do nosa contorna.

VINDEIRAS ACTIVIDADES

Os membros do Foro Económico da Mariña agradecen a participación e acollida da súa primeira actividade e valoran a afluencia tanto de produtores como de comercializadores do sector.

Nas vindeiras semanas a asociación informará das próximas convocatorias que terán lugar en diferentes vilas da comarca da Mariña Lucense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here