InicioEconomíaO Goberno, "disposto" a aceptar as alegacións ao estatuto no tocante ás...

O Goberno, “disposto” a aceptar as alegacións ao estatuto no tocante ás compensacións por CO2

O Executivo descarta aprobar rebaixas fiscais para os grandes consumidores de enerxía "por falta de tempo", xa que os incentivos "débense asociar a orzamentos"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A ministra de Industria, Reyes Maroto, anunciou este mércores que o Goberno central está disposto a aceptar algunhas das alegacións presentadas pola Xunta de Galicia e as empresas para modificar o borrador do estatuto para as industrias electrointensivas, como é o caso das compensacións sobre reducción de emisións contaminantes.

O Goberno galego e mailo sector reclamaran que se introduzan as compensacións que habilita a Comisión Europea derivadas das poxas de CO2.

Nunha entrevista na Radio Galega, a ministra tamén admitiu a dificultade de aprobar descontos fiscais que tamén reclamaba o sector. Argumentou que os problemas obedecen “á falta de tempo” pola proximidade das eleccións xerais e a non aprobación do proxecto de orzamentos do Estado.

Hai un tema que non podemos desenvolver pola falta de tempo en canto ao Goberno, que son eses incentivos fiscais, posto que, para incorporalos, necesitamos asocialos a novos orzamentos, e nestes momentos de desconto, cunha lexislatura que se esgota, non imos poder acordalos”, explicou.

Maroto lembrou que, “en todo caso”, as electrointensivas xa contan con “vantaxes” no imposto especial de electricidade, “cunha bonificación do 85%”.

PEAXES

Do mesmo xeito, a ministra tamén apuntou que o vindeiro luns está convocada unha nova reunión para analizar todas as alegacións ao borrador do documento, e que o Goberno central agarda un informe da Comisión Nacional de Mercados e Competencia sobre os posibles descontos nos peaxes de acceso ao suministro eléctrico.

ALCOA “PRECIPITOUSE”

Respecto do proceso para buscar empresas susceptibles de reanudar a actividade industrial nas plantas da Coruña e Avilés, que a multinacional do aluminio Alcoa pretende abandoar, Maroto avogou porque a empresa sexa “parte da solución” e faga o posible para garantir a continuidade das factorías, incluída a de San Cibrao, cuxa fábrica de aluminio está “en risco” segundo a compañía.

A dirección de Alcoa ameazou con pechar tamén a fábrica de aluminio de San Cibrao no caso de non dispór de prezos competitivos para a electricidade, algo que a ministra considerou como unha reacción “precipitada”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...