InicioEconomíaO Goberno manterá en 75 anos o prazo máximo de concesión para...

O Goberno manterá en 75 anos o prazo máximo de concesión para as actividades de acuicultura

A Xunta advertira de que unha modificación da normativa que recurtase a duración dos permisos "podería poñer en risco" a ampliación da planta de Stolt Sea Farm en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación do Goberno central en Galicia asegurou este mércores que manterá o prazo máximo, de 75 anos, para as concesións de ocupación dos espazos de dominio público marítimo-terrestre.

O Executivo quixo transmitir “unha mensaxe de tranquilidade” para as actividades de acuicultura e depuración de marisco que se desenvolven en Galicia.

O pasado sábado, a Xunta de Galicia advertiu de que unha modificación da normativa que recurtase a duración das concesións “podería poñer en risco” a nova planta de linguado que empresa norueguesa Stolt Sea Farm prevé abrir a finais de ano no polígono de Cuíña.

As empresas galegas do sector alertaron de que un cambio na lexislación podería supoñer “unha catástrofe” ao ter que desprazarse máis de 100 explotacións ao interior

Segundo expón nun comunicado, o Goberno comezou a traballar “nunha modificación da Lei de Costas debido a certas disfuncionalidades e incoherencias que afectan á mencionada norma, de 2014, que desenvolve as leis de 1988 e 2013”.

A MODIFICACIÓN “RESPECTARÁ A LEXISLACIÓN”

Tras consultar coa Avogacía do Estado, o Ministerio para a Transición Ecolóxica “pretende introducir certas aclaracións no novo marco regulamentario, co obxectivo de eliminar a incerteza actual. En calquera caso, a modificación respectará escrupulosamente a lexislación vixente”, remarca.

Fronte á incerteza e confusión que xera o regulamento actual, o Ministerio pretende evitar as disfucionalidades sinaladas polo Tribunal Constitucional e mailo Supremo cunha redacción máis clara e específica“, indica o comunicado. 

Na modificación, e “co obxectivo de ofrecer certeza a longo prazo ás empresas”, o Executiv “establecerá os criterios obxectivos que modulen e obxectiven a decisión sobre o outorgamento das concesións e das prórrogas”.

A nova redacción foi obxecto de exposición pública e recibiu varias alegacións, indica o Executivo, “analizadas en profundidade pero que en ningún caso afectarán ás leis. Manterase, polo tanto, o prazo máximo para as concesións que establece a lei de 2013, de 75 anos”, conclúe.

A XUNTA INSISTE NO “RISCO”

A Xunta asegurou que non ve “ningún cambio” en relación á modificación do regulamento de Costas anunciado polo Goberno, senón que consdiera que a intención do Estado é “xustificar decisións como o seu recente allanamento” en relación á prórroga de Ence.

Fontes da Consellería do Mar informaron a Efe de que entenden que, pese á mensaxe de tranquilidade da Delegación do Goberno, “o risco para preto de 5.000 edificacións na costa galega segue vixente”.

75 NOVOS EMPREGOS

Stolt Sea Farm prevé triplicar a súa produción de linguado nos próximos anos con plantas como a que constrúe en Cervo ou en Tocha, Portugal. A ampliación de Acuidoro suporá a creación de 75 novos postos de traballo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...