Os comités de empresa de Alcoa na Coruña e San Cibrao, de Celsa Atlantic, de Ferroatlántica Sabón e Cee-Dumbría convocaron para o sábado 8 de xuño, na cidade herculina (Praza da Palloza, 12.00 horas), unha nova manifestación para reclamar ao Goberno central un prezo da electricidade “competitivo” que facilite a viabilidade das plantas electrointensivas.
Neste senso, Alcoa asegurou que de non haber un marco enerxético estable, a planta de aluminio de Cervo é “inviable”.
En rolda de prensa, os presidentes dos comités de empresa das fábricas reclamaron ao Executivo central que non aprobase aínda o estatuto do consumidor electrointensivo e reprocháronlle Goberno a redución en “orzamento e bloques” na próxima poxa de interrumpibilidade.
AS CONDICIÓNS DA POXA, “O ÚLTIMO CRAVO”
“O último cravo que nos acaba de cravar é a redución de bloques na poxa“, afirmou o presidente do comité de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo, sobre os motivos da protesta. Podes consultar a nova completa no Galicia Confidencial.