IniciosociedadeA Xunta quere acompañar a ministra de Industria na súa visita a...

A Xunta quere acompañar a ministra de Industria na súa visita a San Cibrao

O director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces, sinala que a colaboración entre o Goberno galego e o español é "absolutamente necesaria"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O director de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces, expresou este mércores a súa vontade de que representantes do Goberno galego poidan acompañar á ministra de Industria, Reyes Maroto, na visita á planta de Alcoa en San Cibrao, aínda sen data.

“Estariamos encantados de recibir á ministra e de renovar o compromiso de colaboración e lealtade institucional co Ministerio, que sempre mantivemos para conseguir os mellores resultados no ámbito da industria electrointensiva”, asegurou Tahoces nunha rolda de prensa ofrecida no Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

COLABORACIÓN ENTRE GOBERNOS

Deste xeito, o director xeral sinalou que a colaboración entre o Executivo autonómico e o español é “absolutamente necesaria” e apuntou que a visita de Maroto á planta lucense suporá “unha oportunidade magnífica para que nos comente cal será o contido do estatuto do consumidor electrointensivo“.

“A promulgación do estatuto está anunciada desde hai máis de cinco meses e non termina de chegar, aínda que a aprobación deste instrumento non quere dicir que se afiance a competitividade das empresas”, proseguiu.

AXUDAS COMPENSATORIAS POR CO2

Neste sentido, Tahoces afirmou que sería “interesante” saber en que estado se atopan “as xestións para elevar de 90 a 200 millóns as axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2, tal e como se comprometeu o Ministerio de Industria antes das eleccións xerais.

“A situación é moi delicada para a sostibilidade de toda a industria electrointensiva galega e española, non só para Alcoa“, concluíu o director xeral, quen entende que, ante esta “situación límite”, este é “o momento adecuado para volver falar co Goberno central para pedirlle que tome medidas inmediatas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...