InicioEconomíaGalicia En Común pide unha mesa de negociación para abordar "a crise"...

Galicia En Común pide unha mesa de negociación para abordar “a crise” de Alcoa San Cibrao

Tralo anuncio da multinacional da parada de 32 cubas en San Cibrao, Yolanda Díaz pide incluír aos obreiros nun grupo de traballo para abaratar a luz e "garantir a viabilidade" de aluminio

Publicada o

- Advertisement -
Galicia en Común rexistrou este martes varias iniciativas parlamentarias no Congreso dos Deputados para solicitar a actuación “urxente” do Goberno ante a “crise aberta” na produción de Alcoa en San Cibrao, en Cervo.

A marca de Podemos e Esquerda Unida a nivel autonómico informou destas medidas nun comunicado este martes, no que solicita ao Executivo central, en colaboración cos organismos competentes da Xunta, a convocatoria de “unha mesa de traballo e diálogo“.

Por iso, o grupo parlamentario reclama a presenza nesta reunión dos representantes dos traballadores e administracións competentes, coa finalidade de “atopar unha solución de futuro á fábrica de aluminio que garanta a súa continuidade e viabilidade”, posta en entredito por Alcoa, así como a dos postos de traballo”.

Galicia en Común lembra que o Ministerio de Industria “debería ter aprobado” o estatuto do consumidor electrointensivo, que na actualidade “tan só é un borrador”.

“O Goberno, tras un ano no poder, non atopou ningunha medida para rebaixar o custo que en industrias como a fábrica de aluminio supoñen o 50% dos gastos da planta”, alega a deputada Yolanda Díaz.

A dirixente de Galicia En Común denunciou que a situación que vive a planta lucense “non é nova” e segue “tristemente” o camiño de moitas outras empresas no país. “O actual prezo da enerxía fai inviable o futuro de moitas empresas, sobre todo as electrointensivas”, comentou.

PONTÓN VISITARÁ AOS TRABALLADORES O MÉRCORES

Ana Pontón, a voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a responsable local do partido frontista e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e maila parlamentaria Olalla Rodil, entre outros cargos, manterán este mércores unha reunión co comité de empresa de San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...