InicioEconomíaA venta de bonito prolongarase na lonxa de Burela alomenos ata o...

A venta de bonito prolongarase na lonxa de Burela alomenos ata o 2 de setembro

Este xoves hai seis barcos anotados para a subasta, o venres un e o luns outro

Publicada o

- Advertisement -

Malia que o Goberno central ordenou o cese das capturas de bonito para a madrugada do martes, os barcos que estaban en alta mar no intre de pechar a costeira poderán realizar nos días sucesivos as súas descargas do túnido. Así, segundo expoñen desde Armadores de Burela, S. A. (Absa), a lonxa burelá subastará peixe fresco alomenos ata o vindeiro luns, 2 de setembro.

O xerente de Absa, Miguel Neira, indica que este xoves hai seis buques anotados para subastar bonito na rula burelá, mentres que o venres hai outro barco inscrito e o vindeiro luns outro máis. Cabe a posibilidade de que as ventas se poidan estirar ata o martes, aínda que remarca que non está confirmado.

Neira sinala que é axiña para ofrecer datos concluíntes sobre a costeira. Será o luns cando, cos datos na man, se faga balance dunha campaña que rematou de novo no mes de agosto, dous meses antes do habitual.

NO 2018 SUBASTÁRONSE 1,16 MILLÓNS DE QUILOS

No pasado exercicio, alixáronse en Burela 1.115.885 quilos, a un prezo medio de 4,19 euros, o que supuxo un volume de negocio de 4.676.832 euros.

Neste exercicio, antes do 1 de agosto, subastáronse en Burela 660 toneladas do túnido, a un prezo medio de 4,04 euros. Os últimos rexistros de Pesca de Galicia, provisionais, falan de 915.222 quilos alixados, a 3,95 euros de promedio, o que supón un volume de negocio superior aos 3,6 millóns de euros. A previsión é que a costeira sexa similar á do ano anterior ou incluso levemente superior.

RECLÁMASE MÁIS COTA

Tanto a frota como a Xunta de Galicia reclamaron máis cota de bonito –España dispuxo de 16.620 toneladas-, pois consideran que a situación biolóxica da especie “é boa” e poderíase pescar “o dobre” de túnido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...