InicioEconomíaA reunión co presidente de Alcoa en España marcará as mobilizacións dos...

A reunión co presidente de Alcoa en España marcará as mobilizacións dos traballadores

O comité pedirá o martes a Álvaro Dorado rearrincar as 32 cubas paradas e admite que "en función das medidas" que tome a multinacional "intensificaranse" ou non as protestas

Publicada o

- Advertisement -

O calendario de mobilizacións dos traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao dependerá do resultado da reunión que o próximo martes, ás 13.00 horas, manterán en Madrid os representantes do comité de empresa co novo presidente da multinacional en España, Álvaro Dorado.

Os traballadores retomaron as protestas este venres cun corte -entre as 14.00 e as 14.30 horas- da N-642, aínda que o presidente do comité de empresa, Xosé Paleo (CIG), puntualizou que “o calendario” se vai a ir “modulando en función de como evolucione todo isto”, algo que estará condicionado pola reunión deste martes.

“En función de como vaia, de cales son as medidas que tome ou non tome Alcoa irémolo vendo”, insistiu, asegurando que o comité buscará “incrementar” a presión se o encontro non dá os seus froitos.

“O primeiro”, explicou, “será reclamarlle que a planta de Cervo retome a normalidade, que arrinquen as 32 cubas paradas e que se suba a intensidade da produción”, que se viu rebaixada nun 11 por cento. “Tamén lle preguntaremos polas xestións que fixo e como está a situación desde o punto de vista da dirección”, subliñou.

2.000 EMPREGOS CONTANDO COAS AUXILIARES

A factoría de San Cibrao conta cun persoal de máis de mil traballadores, aos que se suman outros tantos das empresas auxiliares. Neste sentido, o presidente do comité de empresa quere, con este dato, chamar a atención da importancia da “supervivencia” da planta para a Mariña Lucense e tamén para a provincia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...